viernes, 30 de abril de 2021

Empezamos con Ardora!

 Bo día a todas/os!

Hoxe só viñamos comentarvos que esta semana estamos desenvolvendo e creando as actividades, e mostra disto é a captura que imos insertar agora, é dunha actividade Ardora que utilizaremos nunha presentación interactiva que teremos no tema de mamíferos. Nesta teñen que dicir o nome da parte que selecciona a flecha Seguimos traballando co resto de actividades e iremolas subindo pouco a pouco, veremos se este fin de semana subimos ou o rosco ou o Scape Room.

Actualizaremos novas! :)



Fonte: Elaboración propia


Paula Pino Peixoto

Iker Pita Peña

Diego Pollán Díaz

miércoles, 28 de abril de 2021

Problemas de organización :(

Boas a todos/as!

Hoxe é un día de reforma nesta Actividade posto que a previsión que fixeramos a semana non se adaptaba moi ben aos obxectivos que buscamos, por tanto fixemos algún retoques apostando por unha búsqueda dun aprendizaxe máis significativa, engadindo un mapa conceptual, buscando actividades que se axustaran máis ao aprendizaxe que pretendemos etc.

Onte reflexionando nunha chamada, estivemos pensando que a mellor maneira de facer un tratamento das sesións para que as/os nenas/os non tenten volver aos esquemas memorísticos, é un traballo por proxectos, e para iso estamos a elaborar un proxecto que ocupe as 5 sesións e no que se desenvolvan varias competencias. Tivemos algún problema para atopar unha app que cumprise as necesidades que tiñamos para facer o que tiñamos en mente pero grazas a Eulogio atopamos unha que non require pago e poden facer o que imaxinen e queiran

Seguimos en contacto e coa maquinaria activa, esta semana contamos con subirvos algún do material que xa empezamos a elaborar!

Paula Pino Peixoto

Iker Pita Peña

Diego Pollán Díaz


lunes, 26 de abril de 2021

Os nosos personaxes!!

No día de hoxe na nosa reunión matutina decidimos introducir un elemento de axuda que resulte motivador para o alumnado. Para axudarnos a guíar e mellorar as sesións, imos introducir nas nosas presentacións ao logo das diferentes sesións dous personaxes que nos parecen coñecidos por todo o alumnado destas recentes xeneracións. Un destes sería o elefante Dumbo e o outro o peixe Nemo, con estes pretendemos que sexa máis doado para o alumnado seguir a materia. A continuación poñemos as fotos dos dous persoaxes:




Referencias:
Souza, J. (2015) Nostalgia: Dumbo [Fotografía]
https://i1.wp.com/blog.juandesouza.com/wp-content/uploads/2015/09/tfx-filme-dumbo-classico-disney.jpg?fit=1012%2C662&ssl=1
Ziggiotto, S. (2012). Alla ricera di nemo [Fotografía].
https://www.movietele.it/post/alla-ricerca-di-nemo-conosciamo-nemo-il-protagonista


Paula Pino Peixoto

Iker Pita Peña

Diego Pollán Díaz

Despedimonos de vós!!

 A partir de hoxe rematamos con esta actividade :( Atópamonos moi contentos do resultado final de todas as actividades, posto que cumpliron ...