Boas a todos/as!
Hoxe é un día de reforma nesta Actividade posto que a previsión que fixeramos a semana non se adaptaba moi ben aos obxectivos que buscamos, por tanto fixemos algún retoques apostando por unha búsqueda dun aprendizaxe máis significativa, engadindo un mapa conceptual, buscando actividades que se axustaran máis ao aprendizaxe que pretendemos etc.
Onte reflexionando nunha chamada, estivemos pensando que a mellor maneira de facer un tratamento das sesións para que as/os nenas/os non tenten volver aos esquemas memorísticos, é un traballo por proxectos, e para iso estamos a elaborar un proxecto que ocupe as 5 sesións e no que se desenvolvan varias competencias. Tivemos algún problema para atopar unha app que cumprise as necesidades que tiñamos para facer o que tiñamos en mente pero grazas a Eulogio atopamos unha que non require pago e poden facer o que imaxinen e queiran
Seguimos en contacto e coa maquinaria activa, esta semana contamos con subirvos algún do material que xa empezamos a elaborar!
Paula Pino Peixoto
Iker Pita Peña
Diego Pollán Díaz
No hay comentarios:
Publicar un comentario