Benvidos/as ao noso blog!
Iniciamos esta aventura con moitas ganas de ir comentándovos a nosa experiencia
neste traxecto final, vendo as ideas, problemas e reunións que iremos
afrontando. Con esta canle estaremos en contacto con vós para que sexades participes
dos nosos avances!
Atopámonos a 14 de abril, unha semana despois da nosa primeira reunión que
fixemos pola plataforma Teams, onde decidimos os piares deste traballo e
fixemos unha pequena axenda onde marcamos obxectivos para estas semanas.
Pois ben, as conclusións que sacamos é que este material vai ser dedicado a
alumnado de 4º de Educación Primaria, centrándonos na materia de Ciencias da Natureza
e no bloque 3 do currículum (o cal pertence aos seres vivos), do cal imos a estar
en contacto cos contidos de clasificación de animais en vertebrados e
invertebrados.
Para o tratamento destes, contamos con numerosas ideas, coas que iremos
traballando para darlle un tratamento dixital na nosa proposta (contamos con
ideas como un Kahoot, ScapeRoom, Scratch etc.)
Por tanto, para rematar, sendo conscientes da carga de traballo poñerémonos
mans a obra para chegar aos nosos obxectivos didácticos, ata a próxima!
Paula Pino Peixoto
Iker Pita Peña
Diego Pollán Díaz
No hay comentarios:
Publicar un comentario