miércoles, 14 de abril de 2021

BOAS A TODOS/AS!

 Benvidos/as ao noso blog!

Iniciamos esta aventura con moitas ganas de ir comentándovos a nosa experiencia neste traxecto final, vendo as ideas, problemas e reunións que iremos afrontando. Con esta canle estaremos en contacto con vós para que sexades participes dos nosos avances!

Atopámonos a 14 de abril, unha semana despois da nosa primeira reunión que fixemos pola plataforma Teams, onde decidimos os piares deste traballo e fixemos unha pequena axenda onde marcamos obxectivos para estas semanas.

Pois ben, as conclusións que sacamos é que este material vai ser dedicado a alumnado de 4º de Educación Primaria, centrándonos na materia de Ciencias da Natureza e no bloque 3 do currículum (o cal pertence aos seres vivos), do cal imos a estar en contacto cos contidos de clasificación de animais en vertebrados e invertebrados.

Para o tratamento destes, contamos con numerosas ideas, coas que iremos traballando para darlle un tratamento dixital na nosa proposta (contamos con ideas como un Kahoot, ScapeRoom, Scratch etc.)

Por tanto, para rematar, sendo conscientes da carga de traballo poñerémonos mans a obra para chegar aos nosos obxectivos didácticos, ata a próxima!

 

Paula Pino Peixoto

Iker Pita Peña

Diego Pollán Díaz

Despedimonos de vós!!

 A partir de hoxe rematamos con esta actividade :( Atópamonos moi contentos do resultado final de todas as actividades, posto que cumpliron ...