jueves, 13 de mayo de 2021

Despedimonos de vós!!

 A partir de hoxe rematamos con esta actividade :(

Atópamonos moi contentos do resultado final de todas as actividades, posto que cumpliron as nosas expectativas e á hora de expoñer creemos que logramos transmitir correctamente a mensaxe que pretendiamos. 

Acabamos de entregar no Campus o material co cal xa é oficial!

Agora despedimonos desexando ter que volver algún día nas nosas futuras clases un saúdo a todos todas e demáis! 😀😊

domingo, 9 de mayo de 2021

Rematamos actividades con Scratch

Boas a todos e a todas!

Esta semana estivemos traballando na creación de proxectos mediante Scratch. Estes proxectos utilizarémolos para complementar a sesión número dous, esperemos que vos gusten e vos sexan útiles xa que nos levou traballo facelos. 

Un saudiño!!


viernes, 7 de mayo de 2021

Recta final

Estamos achegandonos ao final e con el esta actividade!

A verdade é que nos resultou tremendamente interesante chegar a acadar os obxetivos dixitais que plantexamos, ainda que nos levase tempo e esforzo estamos moi contentos do que levamos ata agora. O carácter práctico desta actividade resultounos moi enriquecedor, por tanto levamos boas impresións desta actividade.😋

martes, 4 de mayo de 2021

Traballando con Educaplay

 Boas a todos e a todas!!

Na sesión de hoxe presentámosvos un rosco interactivo sobre os animais vertebrados feito coa plataforma Educaplay. 


domingo, 2 de mayo de 2021

SCAPE ROOM

 Boas a todos/as, aquí tedes unha creación nosa, un Scape Room interactivo que desenvolveremos na sesión 4 onde trataremos os invertebrados, fixemolo ao longo deste fin de semana, esperemos que vos guste!

viernes, 30 de abril de 2021

Empezamos con Ardora!

 Bo día a todas/os!

Hoxe só viñamos comentarvos que esta semana estamos desenvolvendo e creando as actividades, e mostra disto é a captura que imos insertar agora, é dunha actividade Ardora que utilizaremos nunha presentación interactiva que teremos no tema de mamíferos. Nesta teñen que dicir o nome da parte que selecciona a flecha Seguimos traballando co resto de actividades e iremolas subindo pouco a pouco, veremos se este fin de semana subimos ou o rosco ou o Scape Room.

Actualizaremos novas! :)



Fonte: Elaboración propia


Paula Pino Peixoto

Iker Pita Peña

Diego Pollán Díaz

miércoles, 28 de abril de 2021

Problemas de organización :(

Boas a todos/as!

Hoxe é un día de reforma nesta Actividade posto que a previsión que fixeramos a semana non se adaptaba moi ben aos obxectivos que buscamos, por tanto fixemos algún retoques apostando por unha búsqueda dun aprendizaxe máis significativa, engadindo un mapa conceptual, buscando actividades que se axustaran máis ao aprendizaxe que pretendemos etc.

Onte reflexionando nunha chamada, estivemos pensando que a mellor maneira de facer un tratamento das sesións para que as/os nenas/os non tenten volver aos esquemas memorísticos, é un traballo por proxectos, e para iso estamos a elaborar un proxecto que ocupe as 5 sesións e no que se desenvolvan varias competencias. Tivemos algún problema para atopar unha app que cumprise as necesidades que tiñamos para facer o que tiñamos en mente pero grazas a Eulogio atopamos unha que non require pago e poden facer o que imaxinen e queiran

Seguimos en contacto e coa maquinaria activa, esta semana contamos con subirvos algún do material que xa empezamos a elaborar!

Paula Pino Peixoto

Iker Pita Peña

Diego Pollán Díaz


Despedimonos de vós!!

 A partir de hoxe rematamos con esta actividade :( Atópamonos moi contentos do resultado final de todas as actividades, posto que cumpliron ...